Darío Campos recibe en San Marcos aos 5 medallistas lucenses dos Special Olympics

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente de ASPNAIS, José Reigosa, e aos 2 monitores da asociación, Mónica Seijas e Pablo Castro, participaron esta mañá na recepción dos 5 medallistas lucenses que competiron nos Special Olympics de Inverno, celebrados en Austria o pasado mes de marzo.

Os deportistas, que son usuarios de ASPNAIS, participaron nas probas de esquí alpino e de raquetas de neve e obtiveron un total de 9 medallas, de xeito que resultaron premiados en todas as probas.

Campos Conde felicitou os deportistas polos éxitos colleitados na competición e destacou o feito de que os únicos participantes de Galicia nestes xogos de inverno sexan de Lugo, “o que demostra o bo facer de ASPNAIS no eido deportivo”.

Ademais, remarcou “a importancia de eventos como os Special Olympics para promover a integración a través do deporte e a necesidade de que os éxitos deportivos das persoas con diversidade funcional intelectual tamén reciban visibilidade”. ASPNAIS leva dende o ano 1997 participando nas probas de ski e de raquetas deste evento, xa que entre as actividades que ofrece aos usuarios lucenses figura un programa de práctica de deportes de neve.

O grupo deportivo que ASPNAIS desprazou a Austria estivo formado por unha muller e catro homes, de idades comprendidas entre os 39 e os 53 anos. Dous deles competiron en esquí alpino e os 3 restantes, en raquetas. Cada un deles participou en dúas probas e todos obtiveron medallas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com