" />

Decretado o peche de toda actividade non esencial en Viveiro

Sanidade vén de decretar o peche de toda actividade non esencial no Concello de Viveiro. Este municipio ten unha incidencia acumulada catro veces maior do límite de alerta máxima establecido pola Xunta. Así, mentres a semana pasada rexistraba unha incidencia acumulada a catorce días, xa moi chamativa, de 1034 casos por cada cen mil habitantes; no día de onte esta incidencia chegaba ata os 1681 casos por cada cen mil habitantes.

Con esta evolución do virus, Sanidade establece un nivel especial de restriccións para o concello mariñán onde, ademáis do peche perimetral da localidade, deberá pechar por completo a hostalería, e se suspenden todas as actividades non esenciais como as culturais, os ximnasios ou as bibliotecas. Estas novas medidas entrarán en vigor este xoves. 

Asemade, o comité clínico da Xunta de Galicia decidiu elevar a nivel máximo de alerta a outras tres localidades da comarca. Trátase de Burela, Cervo e O Vicedo, que dende hoxe súmanse a Vilalba e Xove nos que a hostalería non poderá funcionar a máis do 50% nas terrazas, tendo pechado o interior dos locais. Todos eles, ademáis, están pechados perimetralmente de maneira individual.

Sanidade mantén en toda a provincia o resto de restriccións: toque de queda a partir das 22.00 horas, peche da hostalería ás 18.00 horas e do comercio ás 21.30 horas e reunións de máximo catro persoas non conviventes tanto en espazos públicos como privados. Ademáis, a cidade de Lugo continúa con peche perimetral malia atoparse no nivel medio-alto de alerta.

Suspensión das competicións deportivas

Asemade, Sanidade decidiu suspender temporalmente as competicións de deporte federado de ámbito autonómico, así como aplicar a estes deportistas nos seus adestramentos os criterios xerais da poboación con adestramentos individuais ou de grupos máximos de 4 persoas, estarán suxeitos ao toque de queda e tamén estarán suxeitos ás restricións de mobilidade. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo