" />

A Deputación acolle a celebración dun pleno infantil

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, mantivo un encontro este martes cos 50 alumnos e alumnas do IES Ánxel Fole de Lugo, que celebraron un pleno infantil que tivo como tema central a conservación da natureza. Esta actividade puxo fin á 3ª Semana Escolar da Provincia, organizada pola Deputación, e na que participaron 9.000 estudantes.

A Deputada de Medio Ambiente destacou a sensibilidade ambiental dos rapaces e rapazas, ao optar pola conservación do Rato, “un río que xa está moi explotado”, e cualificou de “preciosa” a iniciativa de posta en valor da Piringalla, “unha zona que coñezo moi ben porque alí fun ao instituto e xoguei moito por esa zona”. Ademais, a Deputada convidou ao alumnado e ao profesorado a asistir a un pleno da Deputación, para que poidan coñecer como se producen as tomas de decisións.

Durante a sesión, os estudantes, que cursan 3º da ESO, representaron un pleno no que efectuaron as funcións de presidente, vicepresidente, secretario, grupos políticos e mesmo de público. As propostas sobre as que debateron foron tres: a explotación turística do río Rato, a creación dunha partida para a divulgación e conservación dos espazos naturais protexidos e a creación dunha zona de interese natural na zona do castro Piringalla.

Tras a representación do pleno, o alumnado puido coñecer as instalacións do Pazo de San Marcos cunha visita guiada. O pleno infantil clausurou á 3ª Semana Escolar da Provincia, que este ano estivo dedicada a divulgar o patrimonio natural lucense.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo