A Deputación acorda un patrocinio co CD Lugo de 265.000 euros

O Executivo da Deputación aprobará mañá na Xunta de Goberno un contrato de patrocinio co CD Lugo por valor de 265.000 euros para promocionar a marca e as potencialidades da provincia “máis alá das nosas fronteiras”. Así o adiantou o Presidente, Darío Campos Conde, nun encontro no Anxo Carro cos xogadores e o equipo técnico do club albivermello, no que tamén participou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón.

“Nos últimos anos, o Lugo tense convertido nun dos máximos embaixadores da nosa terra. O club albivermello atópase inmerso nun dos períodos máis importantes da súa historia, consolidado na categoría de prata do fútbol español. Este crecemento vén ligado a unha imaxe de rigor e solvencia, que nos permite presumir de equipo, e mostrar un tremendo orgullo por estas cores. Por todo isto, considero que o club albivermello é unha grande plataforma para redescubrir Lugo no panorama nacional, así como impulsar valores ligados como o compañeirismo ou a superación”, subliñou Campos Conde.

O Presidente apuntou que “o noso obxectivo e contribuír á importante actividade de todos o clubs deportivos e, simultaneamente, impulsar o desenvolvemento económico lucense. Os contratos de patrocinio co Lugo e o Breogán permitiranos avanzar da man das dúas entidades deportivas coa maior masa social da provincia. Pois o Lugo, ao igual que o Breogán, levará a marca da provincia e todas as súas potencialidades máis alá das nosas fronteiras. Ademais, fomentaremos a práctica deportiva como un importante elemento de integración social, de igualdade de xénero ou de hábito de vida saudable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com