" />

A Deputación aproba melloras en 27 centros sociais do rural

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este venres sobre a aprobación en Xunta de Goberno de melloras en 27 centros sociais doutros tantos núcleos rurais de 17 Concellos da provincia por valor de 250.000 euros. Esta é unha das liñas do Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no Medio Rural, que o Goberno da Deputación ofrece a veciños, asociacións e comunidades de montes dos 67 municipios. Está dotado dun total de 1,5 millóns de euros, pois contempla axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para melloras en accesos viarios, traídas de auga e en centros sociais (as resoltas na sesión de hoxe). Todas elas en núcleos do rural lugués co obxectivo de contribuír á igualdade de oportunidades, “vivas onde vivas”.

Campos Conde explicou que estas axudas, que son dun máximo de 12.000 euros, permitirán a realización de melloras en locais sociais como, por exemplo, acondicionamentos de fachadas ou cubertas, instalacións eléctricas, sistemas de iluminación, climatización ou calefacción, traballos de albanelería e fontanería, ou adecuación de accesos e contornos, entre outras.

O Goberno da Deputación decidiu ofrecer aos colectivos veciñais beneficiados un anticipo da axuda do 95%, que poderán solicitar a vindeira semana, unha vez publicadas as subvencións no BOP. Para a súa concesión tivéronse en conta criterios obxectivos como o grao de necesidade das melloras, o número de usuarios beneficiados, a zona dos locais, favorecendo o rural, ou o despoboamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo