" />
Deputado relacions institucionais

A Deputación busca entidade bancaria na que ingresar 16 millóns de fluxos de tesourería

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno o inicio do proceso de selección de entidades de crédito nas que ingresar 16 millóns de euros de fluxos de tesourería, que son fondos provinciais xa comprometidos para a súa execución, para que xeren intereses ao deixar de estar nunha conta corrente, beneficiando, deste xeito, a todos os lucenses debido ao incremento dos seus fondos públicos no organismo provincial.

O Goberno da Deputación incorporou novas cláusulas sociais neste proceso, pois por primeira vez valorarase, favorablemente, o grao de satisfacción dos usuarios nas reclamacións feitas por preferentes ou cláusulas solo. Tamén primará o tipo de interese, que non poderá ser inferior do 0,05%, na procura de acadar os maiores beneficios posibles para os lucenses. As entidades de crédito que poderán optar a esta proceso son bancos, caixas, cooperativas de crédito, así como institutos de crédito oficial.

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou hoxe axudar con 470.000 euros clubs lucenses de Primeira e Segunda División Nacional. “Trátanse das axudas dirixidas a equipos da provincia que participan en campionatos oficiais  federados de Primeira ou Segunda categoría absoluta estatal, e non son sociedades anónimas deportivas. Estas últimas son o CD Lugo e o CB Breogán coas que, como na pasada anualidade, se asinará un contrato de patrocinio, beneficioso tanto para os clubs como para o conxunto da provincia”, explicou Santos Ramos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo