A Deputación comeza a programación sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

O Goberno da Deputación puxo en marcha a nova programación de actos da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondente ao segundo trimestre do 2017.

Trátase de 6 novas actividades gratuítas, nas que poderán participar 120 persoas dos concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poden facelo a través do teléfono 982-227- 812 ou do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org. 

Neste trimestre, a oferta inclúe obradoiros de elaboración de cosméticos, a influencia da lúa nos cultivos e a preparación do solo para horto, ademais de conferencias para nenos e maiores sobre a fauna e flora da Reserva da Biosfera. Todas as actividades teñen carácter gratuíto e están pensadas para participantes de diversas idades.

O Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá acollerá un Obradoiro de elaboración de cosméticos con ceras o mércores 26 de abril de 17:00 a 20:00 horas. E  A lúa e a súa influencia nos cultivos, o mércores, 31 de maio, de 17:00 a 20:00. Ambos talleres con 20 prazas para adultos.

En Cervantes, terá lugar a conferencia sobre a fauna e a flora da Reserva da Biosfera para nenos o venres 28 de abril, de 10:00 a 14:00 horas, no CPI de Cervantes. E o obradoiro de preparación do solo para horto, o mércores 3 de maio, de 16:00 a 18:00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples de San Román de Cervantes esta actividade é para adultos e conta con 20 prazas.

Por último, a Escola de Barcia en Navia de Suarna acollerá Xogos para descubrir a natureza, o sábado, 15 de abril, de 10:00 a 14:00 horas e irá destinada a nenos e nenas entre 5 e 12 anos. E para os adultos, haberá a conferencia Os castiñeiros e os soutos, o mércores 3 de maio de 16:00 a 18:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com