Deputación, Concello de Viveiro e RAG de Belas Artes homenaxean a Maruja Mallo polo Día das Artes Galegas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou hoxe na homenaxe a Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas, que tivo lugar no Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro. Fíxoo xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente da RAG de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González.

Este ano a Real Academia Galega de Belas Artes dedica o Día das Artes Galegas á figura de Maruja Mallo, por este motivo, Deputación, Concello de Viveiro e RAG de Belas Artes puxeron en marcha unha programación de actividades coa que pór en valor a figura e obra de Maruja Mallo.

Campos Conde destacou que “Maruja Mallo foi un exemplo de valentía, liberdade e defensa dos dereitos das mulleres, nunha época de prohibicións e represión. É unha honra para a nosa provincia que esta artista viveirense, que estivo de bolseira durante 3 anos pola Deputación de Lugo, sexa homenaxeada pola RAG de Belas Artes, no Día das Artes Galegas deste ano. Esta pintora, foi unha das mulleres que liderou unhas das xeracións máis importantes e prolíficas da nosa historia, a do 27. Unha persoa comprometida coa identidade galega, que forma parte da esencia da nosa cultura e que segue a ser un referente para todos nós”.

Durante o acto de homenaxe o grupo vocal SONdenos interpretou varias cancións para todos os asistentes e a académica da RAG de Belas Artes, Asunción Rodríguez Rodríguez, recitou unha glosa enxalzando á pintora lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com