A Deputación contrata hoxe as obras dos centros de maiores de Meira e Navia de Suarna

Xornal de Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que hoxe mesmo se contrataron as obras de construción dos centros de maiores públicos da Deputación en Navia de Suarna e Meira.  Campos Conde destacou que “coa dotación destas dúas instalacións a Deputación poderá ofrecer aos maiores da provincia outras 100 prazas de residencia e centro de día preto das súas localidades”.

O Goberno da Deputación destina 1.639.000 euros para a residencia e centro de día público do Concello de Meira e 1.299.144 euros para a do Concello de Navia de Suarna. Entre os dous centros públicos se poderán atender a 100 maiores, pois contemplan 60 prazas nas residencias e 40 nos centros de día.

O centro da terceira idade de Meira situarase na rúa Grupo Escolar, no casco urbano, nunha finca de 3.312 metros cadrados, dos cales 734 estarán destinados ao edificio. Segundo o proxecto, terá capacidade para atender a un máximo de 50 persoas: con 30 habitacións individuais para residentes, e 20 prazas no centro de día.

O edificio contará con tres plantas. Na baixa, situarase o vestíbulo, recepción e aseos adaptados así como os despachos, as salas de curas, rehabilitación ou terapia, así como o comedor, os servizos de xestión e demáis salas de convivencia. Na planta 1º, o control de enfermería, baño xeriátrico e 14 habitacións con baño individual. Na 2º planta, haberá un local de apoio e 16 habitacións con baño individual.

O centro da terceira idade de Navia de Suarna situarase entre as avenidas de Galicia e Os Ancares. O edificio ocupará 452 metros cadrados. Segundo o proxecto, terá capacidade para un máximo de 50 persoas. Recolle a dotación de 24 habitacións para residentes, 18 individuais e 6 dobres e 20 prazas no centro de día.

O edificio contará con 3 plantas. Un baixo semi-soto con sala de caldeiras, almacén, lavandería, aseos, vestiarios, cociña e comedor. Na planta baixa, estará o vestíbulo, as oficinas de traballo, aseos, ximnasio, e consultas así como diferentes sala de uso polivalente. Na 1ª e 2ª planta estarán as habitacións.

Xornal de Lugo

Diario de información xeral encol de Lugo e a súa provincia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

0 Comments
scroll to top