A Deputación convoca a entidades sociais para traballar nun Plan de emprego para colectivos vulnerables

O presidente e o vicepresidente da Deputación, Darío Campos Conde e Álvaro Santos Ramos manterán unha xuntanza de traballo o vindeiro luns dia 29, con todas as entidades sociais representativas dos colectivos especiais da provincia co fin de avanzar nas novas liñas de traballo para a creación dun novo Plan de Emprego, dende o organismo provincial, para favorecer a inclusión social e laboral destes colectivos vulnerables. “Nesta xuntanza queremos coñecer de primeira man ás súas necesidades para dar resposta as súas demandas e poder actuar dun xeito eficaz e práctico”, subliñou o presidente.

Campos Conde lembrou que na nosa comunidade a taxa de paro deste colectivo chega ao 30%. “Dende a Deputación entendemos que todas as administracións deben ser sensibles con este tema, non podemos deixar de lado aos que mais o necesitan, xusto cando máis o necesitan. E o que pretendemos con este novo Plan de emprego é dar resposta a unha necesidade vital para o desenrolo social e laboral destes desempregados que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral”, explicou o presidente.

O organismo provincial xa puxo en marcha diversos programas de emprego nos 67 Concellos da provincia como o Ben Empregado I e II cunha dotación de 12 millóns de euros, e o Lugowork con 2 millóns de euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo