" />

A Deputación de Lugo asina o acordo cos herdeiros de Álvaro Gil para a adquisición da colección de ourivería castrexa

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o responsable de Cultura da Deputación, Mario Outeiro e Carlos López Gil, en representación dos herdeiros de Álvaro Gil Varela, asinaron este mediodía o contrato de compravenda a través do que a colección de 40 pezas de ourivería castrexa do filántropo lugués, pasa a pertencer en propiedade ao organismo provincial.

Así mesmo, os familiares do mecenas asinaron un documento a través do que se comprometen a non emprender ningunha acción de tipo legal ou xudicial, contra o organismo provincial.

Escoitamos a Gomez Besteiro:


Carlos López Gil, quixo agradecer a colaboración do responsable de Cultura, e da súa propia familia, o esforzo de 16 anos de duras negociacións.
A inaguración da colección terá lugar esta tarde ás cinco no Museo Provincial de Lugo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @JEduardoVeiga
    Feb 10, 2015 - 06:37 PM

    A Deputación de Lugo asina o acordo cos herdeiros de Álvaro Gil para a adquisición da colección de ourivería… http://t.co/AuFxHp3do6

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo