" />

A Deputación dedica 300.000 euros a modernizar as sedes electrónicas dos concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un investimento de 300.000 euros dirixido a concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, é dicir, todas agás o de Lugo, para financiarlles as melloras que teñen que levar a cabo nas súas sedes electrónicas con motivo da entrada en vigor o 1 de outubro da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Esta normativa establece cambios nas ferramentas tecnolóxicas para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aos cidadáns a realización de todos os seus trámites coas mesmas de xeito telemático e con seguridade. A Deputación distribúe este investimento entre os 66 concellos en base aos seguintes criterios obxectivos: superficie, densidade de poboación, esforzo fiscal e unidades de poboación.

O vicepresidente da institución, Álvaro Santos explicou que as axudas por concello serán de entre 3.300 e 6.300 euros e concederanse vía convenio por dous motivos: para axilizar a súa concesión e para axustarse ás necesidades de cada municipio.

Deste xeito, o organismo provincial habilitará a compulsa electrónica, o pago telemático de impostos municipais ou o control por parte dos cidadáns da situación na que se atopan os seus trámites coa administración vía Internet.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo