A Deputación destina 320.000 euros a mellorar servizos en Paradela

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, presentou este martes en Paradela o investimento de 320.000 euros para mellorar as prestacións públicas e xerar novos postos de traballo.

Entre os investimentos aprobados polo ente provincial recóllense 60.000 euros para a adquisición dun camión do lixo. O presidente supervisou hoxe o novo vehículo que recibe o Concello en substitución do existente, que tiña moitos anos, para mellorar a recollida municipal de residuos.

Ademais, destinaranse 106.436 euros para o acondicionamento do único tanatorio municipal e uns 50.867 euros contemplados dentro do Plan de Obras e Servizos para financiar o acondicionamento e rexeneración de camiños en Laxe, Moutra, Vilachá, Tremeado, Bariz, Liz e Paredes de Arriba.

No referente a servizos sociais e emprego a Deputación achega 23.062 euros para o Servizo a Domicilio en base ao seu índice de envellecemento, superficie, densidade de poboación e unidades de poboación. Ademais adicaranse uns 44.251 euros para xerar emprego directo dentro do plan Depuemprego, o Plan de Emprego da Deputación nos Concellos de menos de 20.000 habitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo