A Deputación destina 85.000 euros aos 7 clubs de piragüismo da provincia

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo este luns un encontro con representantes dos 7 clubs de piragüismo da provincia no que abordaron as súas necesidades. En resposta ás mesmas, o Goberno da Deputación acordou unha nova colaboración de 85.000 euros, que recolle todas as inquedanzas dos clubs.

Rivera Capón explicou que este orzamento será para que os 7 clubs xestionen directamente a escola de piragüismo de titularidade provincial, pois son “os que máis rendibilidade lle poden dar a estas instalacións públicas como mellores coñecedores das necesidades dos profesionais e afeccionados a este deporte”. Deste xeito, serán os propios clubs os que conxuntamente acorden as accións formativas, a compra ou reposición de material, os distintos horarios de adestramento entre outros exemplos.

Este orzamento tamén se achegará á posta en marcha de novas actividades formativas, á contratación de máis monitores de adestramento, á adquisición de novo material técnico, así como á promoción do piragüismo no conxunto do territorio lugués, con campañas divulgativas que se levarán, por exemplo, aos centros educativos.

O conxunto destas actuacións, valoradas en 85.000 euros, responden ás peticións dos 7 clubs que hai na provincia, que consideran que son as axeitadas para a posta en valor desta disciplina deportiva en Lugo. Rivera Capón explicou que esta nova colaboración da Deputación se materializará nun convenio e se recollerá no Orzamento de 2017, sumándose, deste xeito, ás axudas de máis de 200.000 euros que a Deputación xa concede a todos os clubs de piragüismo.

No encontro co Deputado de Deportes participaron representantes do Club Deportivo San Ciprian; Club Piragüismo Cidade de Lugo; Club Fluvial de Lugo; Club Kayak de Foz; Club Piragüismo Viveiro; Club Piragüismo Altruan e do Club Montaña Quixós.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com