Deputación e Xunta colaboran na celebración da Moexmu

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, a Concelleira Rosa Morán, o Presidente e o Presidente da Comisión Organizadora, Constantino Vila, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentaron esta mañá a XXXIV Mostra de Exposición de Muimenta (Moexmu), que terá lugar entre o 6 e o 8 de abril no recinto Manuel Vila de Muimenta, en Cospeito e coa que colabora o organismo provincial con 8.000 euros.

Esta cifra converte á Deputación na principal administración patrocinadora desta cita; ademais, o goberno provincial levará á Moexmu demostracións de artesanía do CENTRAD e actuacións músicais. Pola súa banda, a Xunta de Galicia achega 2.000 euros e trofeos; así como coa opción de dispoñer dos servizos veterinarios do ente autonómico durante toda a feira.

Vidal Baamonde apuntou que o goberno provincial se “volca unha vez máis coa MOEXMU por tratarse dunha das citas gandeiras máis importantes xa non só da provincia, senón do pais, e dentro da nosa aposta por unha Deputación coa rural. Trátase dunha cita que move a máis de 15.000 visitantes e na que se xeran, de media uns beneficios de entre 2 e 4 millóns de euros, tanto polas poxa de animais como pola comercializaron maquinaria agrogandeira, e coa que potenciamos o sector primario e dinamizamos a economía.

Moexmu, que xurdiu no ano 1985, é todo un referente na provincia e máis alá da mesma, xa que nela participan profesionais doutras comunidades, como Asturias e Castela León. Trátase dun dos mellores escaparates do sector primario pola cantidade e calidade dos animais, maquinaria e produtos autóctonos. Nesta edición haberá máis de 100 cabezas de gando, cun valor superior aos 300.000 euros, procedentes de todas as provincias galegas, así como de Asturias, León, Salamanca ou Madrid, entre outras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com