A Deputación impulsa o arquivo audiovisual de recordos ‘Memoria Dixital Lugo’

A Fundación TIC da Deputación de Lugo impulsará o banco audiovisual de recordos ‘Memoria Dixital Lugo’. Segundo o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, este proxecto inclúe vídeos, audios, fotografías antigas e diversos documentos “que nos axudarán a coñecer mellor a nosa historia recente, especialmente a da primeira metade do século XX. Será un legado para as vindeiras xeracións, tanto para os lucenses como para os investigadores e os amantes da historia en xeral”.

Ademais, Campos anunciou que esta nova andaina arrinca con novos contidos, unha páxina web máis áxil e doada de empregar polos usuarios e unha maior presenza na provincia. “Con esta iniciativa poñemos as novas tecnoloxías ao servizo de todos os lucenses e reforzamos os seu labor social”, engade.

O máximo responsable provincial dixo que “abrimos a toda a sociedade lucense este arquivo, pioneiro na nosa provincia, que tivo como xerme un programa destinado exclusivamente aos maiores de 55 anos”.

Na presentación proxectáronse varios exemplos dos recordos que xa forman parte deste arquivo audiovisual. Ademais, o presidente provincial compartiu cos veciños que asistiron ao acto os manexo de ordenadores táctiles cos que comprobaron o sinxelo que é navegar por esta páxina. “A nosa intención é ampliar este banco no que, a través de testemuños individuais, poderemos conservar para as vindeiras xeracións o mellor tesouro dun pobo: a súa memoria colectiva”, apuntou Campos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com