A Deputación mellora en Momán a sede dunha das UNED Senior con máis alumnos do pais

O Deputado pola Comarca da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, e ducias de veciños deste municipio supervisaron hoxe as melloras realizadas na casa escola de Momán, que é a sede da UNED Senior desta zona, que conta con 300 matriculados de entre 70 e 80 anos; así como da Asociación de Mulleres Rurais Saudable, considerada como un dos colectivos máis vivos da provincia debido á múltiple actividade que as máis de 60 sociais de entre 30 a 75 anos desenvolven durante todo o ano; ademais de ser un punto de encontro de referencia para os 2.000 veciños do Concello.

Tamén comprobaron os resultados das obras levadas a cabo na zona de Amuraxe, na parroquia de Xermade, para a recuperación dunha ducias de fincas forestais e agrícolas baldías mediante o acondicionamento dos accesos públicos ás mesmas que estaban intransitables. O Goberno Provincial decidiu financiar na súa totalidade con máis de 22.000 euros o conxunto destes traballos en resposta ás necesidades veciñais.

Vidal Baamonde destacou que “como sempre defende o Presidente, dende o Goberno Provincial traballamos por unha Deputación coas persoas, social e rural; por unha institución que atende e dá resposta ás necesidades dos veciños da nosa provincia, que sempre está ao seu carón porque son a esencia desta institución, así como a prioridade deste Goberno Provincial. Baixo esta premisa, realizamos estes traballos de mellora de dotacións e infraestruturas públicas, beneficiando a centos e centos de veciños, que contan con mellores prestacións para facer vida e vivir do noso rural”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com