A Deputación mellora os servizos públicos de Guitiriz, Palas de Rei, A Fonsagrada e Samos

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres tras a Xunta de Goberno sobre os prazos da posta en marcha de novas obras de mellora de servizos públicos nos concellos de Guitiriz, Palas de Rei, A Fonsagrada e Samos, que financia o Executivo Provincial con 336.000 euros.

Nas vindeiras semanas, comezarán os traballos de posta en valor do polígono de Guitiriz, dotados dun total de 110.000 euros, dos que 26.000 euros pertencerán á achega do ente provincial, pois o Concello inviste 84.000 euros. Con este presuposto, dotarase a esta área industrial dunha nova planta de depuración de augas pluviais, adquirirase a parcela onde se asentará este novo sistema e mellorarase o alumeado público.

Tamén no municipio guitiricense, habilitarase unha nova senda peonil no contorno do balneario, concretamente no camiño do Barreiro, grazas a unha axuda de 11.000 euros do Goberno da Deputación; e adquirirase un robot de limpeza para a piscina municipal con outra achega de 3.2000 euros.

Santos Ramos informou sobre a posta en marcha esta mesma semana das obras de 230.000 euros, que achega na súa totalidade o Executivo Provincial, de dotación de herba artificial e vestiarios ao campo de fútbol de Palas de Rei. Na Fonsagrada, en outubro arrancará a prospección arqueolóxica do Castro do Castelón, que contan cun orzamento de 46.000 euros, que destinou o Goberno Provincial. Estas investigacións, que levarán a cabo 5 profesionais do sector, prologaranse durante todo ese mes.

E en Samos, o Goberno da Deputación acordou reinvestir 20.000 euros, procedentes de remanentes de obras levadas a cabo neste Concello, na mellora dos accesos viarios aos núcleos rurais de Manxar e Toca, nos que viven unha ducia de familias. Cómpre lembrar que o Executivo Provincial decidiu reinvestir sempre os remanentes xerados en obras municipais nos propios Concellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com