" />

A Deputación promociona O Courel cun libro sobre a súa historia

O Deputado de Promoción do Territorio e Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou este venres O Libro do Courel, unha publicación que fai un retrato completo desta comarca lucense a nivel histórico, patrimonial ou socioeconómico, e que conta coa colaboración da Deputación. Na presentación participou a autora do libro, Sonia María García García, e a editora, Edurne Baines Pilart. Os libros poderanse adquirir en librarías galegas, así como no propia sede da Fundación Uxío Novoneira.

Vidal Baamonde subliñou que o organismo provincial adquiriu varios exemplares desta ampla publicación co fin de entregalo como agasallo ás persoas que son recibidas no Pazo de San Marcos, promocionando deste xeito este espazo natural lucense.

O Deputado destacou que “esta publicación é unha profunda investigación da Comarca do Courel, na que se fai fincapé na xeografía e historia propia, así como na idiosincrasia das súas xentes. Con traballos coma este, creamos memoria e historia da nosa provincia”.

Sonia García García agradeceu a colaboración do organismo provincial “nunha iniciativa que beneficia xa non só a todos os lucenses, senón a todos os galegos pois esta é a historia viva da nosa terra”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo