" />

A Deputación propón á Xunta dous obradoiros para mellorar a empregabilidade na provincia

A Deputación proporá a Xunta de Galicia dúas accións formativas remuneradas para mellorar a inserción laboral de 32 desempregados lucenses. Así o presentou a deputada de cultura, pilar garcía porto, esta mañá tras a Xunta de Goberno provincial na que se aprobou esta moción.

Estas accións son dous obradoiros, o primeiro deles chámase Interconectando co terceiro sector, creando unha Intranet que conectará coas asociacións sen ánimo de lucro coa deputación, coa que se pretende crear unha nova canle de comunicación telemática.  Este obradoiro inclúe un módulo de comunicación online.

O outro obradoiro establecerá unha nova plataforma online dirixida a desempregados coa que facilitar a búsqueda de emprego e reunirá todos os recursos precisos para a busca de emprego, baixo o nome de Oriéntate e coñece Europa.

 

Ambos talleres ofertan a mozos menores de 25 anos ou de 30, no caso de persoas con capacidades diferentes, 970 horas de formación remunerada. Todos os participantes recibirán aproximadamente 700 euros.

Pilar García Porto resaltou que ambos obradoiros pretenden que os participantes acaden un emprego e lamentou que dos 12 obradoiros que a Deputación lle solicitou á Xunta, o ente autonómico só aceptara un, e recalcou que de ter aceptados todas as accións formativas propostas, poderían estar formados máis de 190 lucenses.

Noutra orde,  o Executivo da Deputación ofrece un total de 71 obradoiros e demostracións en vivo de artesanía aos 67 Concellos da provincia de Lugo, así como a todos os asociacións lucenses. Faino a través da programación Promoción da Artesanía 2017 . Conta cun orzamento de 35.000 euros para asumir todos os custos da organización e celebración desta actividades en impulso do sector artesanal da provincia.

Así o informou hoxe a vicevoceira do Goberno Provincial, Pilar García Porto, que explicou que maña se publicarán as bases desta programación no BOP e o luns abrirase o prazo de solicitude ata o 21 de maio incluído. As bases e anexos estarán a próxima semana en www.deputacionlugo.gal. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Provincial.

Haberá unha inscrición para todos os artesáns interesados. Para garantir a igualdade de participación, estes entrarán nunha bolsa á que o organismo provincial recorrerá á hora da celebración dos obradoiros e demostración. A súa selección rexerase por rigorosa orde de solicitude e entrada en dita bolsa. Terán que cumprir cos requisitos que se establecen nas bases. A outra inscrición será para todos os Concellos e asociacións da provincia que desexen beneficiarse destas actividades, que son totalmente gratuítas para os mesmos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo