" />

A Deputación proxectará Pelerinaxes nos 10 Concellos lucenses polo que transcorre o filme

A Deputación proxecta de xeito gratuíto durante os meses de outubro e novembro, Pelerinaxes, a última longametraxe do director italo-galego Simone Saibene, no que se recrea a viaxe que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho- Shey de Ourense a Santo André de Teixido. A Deputación colabora cunha achega económica de 5.000 euros para a difusión da longametraxe por toda a provincia.

Concretamente, a longametraxe proxectarase nos Concellos de Rábade, Monterroso, Carballedo, Begonte, Antas de Ulla, Chantada, Outeiro de Rei, Vilalba, Palas de Rei e Lugo, municipios polos que transcorre Pelerinaxes.

A longametraxe, que se sitúa entre a ficción e o documental, fai o percorrido que no ano 1927 fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho- Shey dende a Praza do Ferro de Ourense ata Santo André de Teixido. A película está protagonizada pola actriz lucense Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora que percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro. O reparto deste filme confórmano tamén os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco.

PROGRAMACIÓN

Outubro

– O sábado 8 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural do Concello de Rábade.

– O venres 21 ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural do Concello de Monterroso

– O sábado 22 ás 19:00 horas no Salón de Actos do Concello de Carballedo

– O venres 28 ás 17:00 horas na Casa da Cultura do Concello de Begonte

– O sábado 29 ás 18:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura no Concello de Antas de Ulla

– O sábado 29 ás 21:30 no Auditorio Municipal do Concello de Chantada

– O domingo 30 ás 18:00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo

– O luns 31 ás 18:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Outeiro de Rei

Novembro

– O martes 1 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Carmen Estévez do Concello de Vilalba

– O venres 4 ás 19:30 horas no Centro Comarcal do Concello de Palas de Rei

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo