A Deputación ven de solicitar 7 programacións formativas da Xunta para a inserción laboral de máis de 100 lucenses

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, anunciou que a Deputación de Lugo vén de concorrer a programacións autonómicas para a inserción laboral de máis de 100 lucenses da provincia.

Trátase dun total de 7 programacións, 2 obradoiros e 5 accións formativas, que, tal e como destacou Méndez, teñen “un enfoque eminentemente social e económico, pensado tanto para favorecer o benestar social e o desenvolvemento equilibrado do territorio, como para impulsar sectores estratéxicos da provincia, como son a actividade agrogandeira ou o turismo”.

No caso do turismo, un dos obradoiros solicitados que ofrecerá 960 horas de formación e prácticas remuneradas a 16 lucenses, está destinado á posta en marcha do ambicioso proxecto de conversión do mirador de Mondoñedo en albergue para peregrinos.

Hai que lembrar que o albergue actual só ofrece 24 prazas, nunhas instalacións obsoletas que adoitan saturarse e que fai que os peregrinos, especialmente durante o verán, se teñan que aloxar no polideportivo municipal.

Este proxecto permitirá dar un novo pulo para o Camiño Norte, escollido por preto de 14.000 peregrinos só no 2014.

@depulugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com