Derrota do Breogán no Pazo dos Deportes

O Breogán perdeu esta tarde ante o filial do FC Barcelona B por 68-83. Os celestes deron mostras de debilidade en facetas como a defensa e no acerto de cara ao aro e amosaron un mal xogo que aproveitou o filial culé para gañar con claridade.
Por momentos os de Lisardo Gómez tiveron capacidade de reacción, chegando a asinar un parcial de 15-0 para remontar na primeira metade, pero tamén amosaron a peor cara do equipo con faltas de idea en ataque e erros en defensa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo