" />

Descenso importante dos positivos detectados que non chega para frear a suba de casos nin da presión asistencial

A covid continúa a sumar casos na provincia, nunha xornada na que ao descenso de positivos súmaselle un novo freo nas altas médicas polo que os casos activos continúan en aumento, eso si máis lixeiro que nas últimas xornadas, e a presión asistencial sube levemente nas plantas de hospitalización. 

Así o revela o último informe do SERGAS que cifra en 268 as infeccións activas, 6 máis que na xornada anterior. Unha cifra que vén dada tras detectarse 11 positivos novos no día de onte, e tan só 5 altas médicas. 

Isto provoca, como é habitual, non só a suba de casos activos, senón tamén a suba da presión asistencial que hoxe volve superar a decena de casos nas plantas de hospitalización dos distintos centros públicos da provincia. Así, por Hospitais, o HULA suma un paciente e sitúase hoxe con 6 en unidades convencionais, 4 se contabilizan no hospital da Mariña que tamén experimentou unha lixeira suba con relación ao luns; e o hospital de Monforte continúa hoxe cun só caso covid. Na UCI do HULA, volve liberar unha cama e queda cun só paciente covid. 

E precisamente, entre os ingresos novos do HULA, rexistrouse nas últimas xornadas o ingreso dun home de 66 anos que, cunha neumonía bilateral causada polo virus da covid, entraba no Lucus Augusti, despois de negarse á vacinación. O home que non se considera antivacinas, non quixo que lle inoculasen o medicamento por medo aos efectos secundarios. 

E nese senso, a Comisión de Saúde pública vén de acordar a ampliación do uso da vacina de Janssen, dunha soa dose, á poboación de entre 40 e 49 anos que tamén poderían recibir as de Pfizer e Moderna. Este colectivo comezará a súa inoculación este mes, previsiblemente, cando se remate cos maiores de 50 anos. Asemade o fármaco de Janssen, por tratarse dunha vacina monodose, é idóneo, e así o acordou Saúde Pública, para destinalo a colectivos vulnerables como persoas sen forgar, temporeiros ou inmigrantes en situación irregular.

E todo isto o día no que o SERGAS confirma que realizará un cribado a todo o persoal do edificio administrativo da Xunta en Lugo, despois de se detectar un gromo que xa suma 8 casos, a marioría da plantilla de Política Social. No día de onte un centenar de persoas xa foran convocadas polo SERGAS no Covid-auto do HULA para un primeiro cribado, todos eles traballadores da planta baixa do edificio. Con todo, e sen coñecer os resultados das PCR, Sanidade prepara outro cribado para todos os traballadores do edificio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo