Desenvolvemento Local contará proximamente cun Axente de Emprego municipal para captar investimentos

A área de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo contará proximamente cun Axente de Emprego municipal destinado a captar investimentos.

O executivo local celebraba hoxe unha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente na que se aprobaron as bases que rexerán o proceso de contratación logo de coñecer onte que o Concello resultou beneficiario dunha subvención autonómica que cofinanciará o seu salario.

“Esta mañá, aceptouse a achega e o seguinte paso será solicitar candidatos ao Servizo Público de Emprego co obxecto de que a súa incorporación se produza en xaneiro. Buscamos a unha persoa con experiencia e formación especializada, que, durante un ano se dedicará a tempo completo e practicamente en exclusiva, á captación de fondos e de empresas, así como ao fomento do autoemprego e do emprendemento e que tamén exercerá diversas tarefas como promotor de actividade, prospector de mercado e asesor puntual de proxectos de empresa”, explica Mauricio Repetto.

”Sabemos que en Lugo temos suficientes reclamos que nos converten nun berce de oportunidades para negocios de diversos sectores. Queremos aproveitalos ao máximo concentrando o esforzo e a capacitación deste traballador na procura desa meta: sacarlle todo o rendemento ao atractivo que ten o noso municipio e que, á súa vez, revirta nel todo ese beneficio”, indicou o concelleiro.

Mauricio Repetto informou que o seu departamento concorreu o pasado mes de outubro ás axudas autonómicas para o fomento do emprego, a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais, que se acaban de outorgar.

“A contía da subvención concedida foi de 11.600€. O equivalente ao 24% dos custos salariais totais que supón esta contratación (49.524’55€), xa que o compromiso de cofinanciamento por parte da administración local cubre o 76% restante. É dicir, os outros 38.000€ aportarémolos dende o Concello, dentro do que, para a área de Desenvolvemento Local constitúe un obxectivo estratéxico na nosa liña de actuación”, concluíu o edil.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 19, 2019 - 11:06 PM

    Boa idea, pero como outras moitas non funcionará. O que si quen será o recomendado

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com