" />

Despedida de altura para o InnovaTE-2 con Enrique Dans

A Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, foi hoxe a encargada de abrir Exprimiendo la red: reflexiones sobre la alfabetización digital, a xornada coa que o organismo provincial vén de pechar o proxecto InnovaTE2: Deputación Dixital, e que estivo a cargo do prestixioso profesor e blogueiro Enrique Dans.

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu, por primeira vez na provincia a este recoñecido experto que analizou polo miúdo o presente e o futuro de Internet e as redes sociais.

Dans, profesor na IE Bussines School e un dos blogueiros en lingua hispana máis destacados –conta con máis de 230.000 seguidores habituais- compartiu cos presentes os seus amplos coñecementos acerca da utilidade da rede; os novos xeitos de interactuar socialmente que esta ten introducido na sociedade ou que se pode agardar de Internet e as redes sociais nun futuro próximo.

Xunto co público que acudiu ao Salón de Actos tamén foron moitos os que puideron seguir a intervención de Dans pola rede en streaming a través de www.deputacionlugo.gal, grazas ao traballo da Fundación TIC.

Lara Méndez:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo