" />

Detido en Lugo por intentar agredir sexualmente a unha muller

Un presunto violador foi detido esta madrugada en Lugo acusado de intentar agredir sexualmente a unha muller nun portal do centro da cidade. O home, de 30 anos de idade e natural de Rumanía foi detido tras a alerta dun veciño que oíu os gritos de auxilio da vítima.

O veciño da muller, intentou axudala e chamou á Policía, momento no que o presunto agresor fuxiu do lugar dos feitos. Axentes da Policía Nacional activaron nese mesmo momento un dispositivo de busca que rematou coa detención do individuo, do que se está a investigar a súa relación con outros casos de agresión ocorridos recentemente na cidade.

O detido permanece na Comisaría da Policía Nacional á espera de pasar a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo