" />

Detido por violencia de xénero en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo, de servizo na quenda de noite, procederon xunto ao CNP, á detención dun home de 39 anos, de nacionalidade paraguaia, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Sobre as 23:40 horas de onte, recibíase unha chamada telefónica na Sala 092, na cal unha muller informaba de que recibira un audio dunha sobriña na que se evidenciaba que podería estar sendo vítima dun presunto delito de violencia de xénero.

De seguido organizouse un operativo, ao tempo que se pedía colaboración ao CNP, trasladándose ata o domicilio da presunta vítima tres dotacións policiais. Unha vez no lugar, os axentes foron recibidos por unha muller de 32 anos que presentaba un hematoma no pescozo e unha manga do pixama rota. Dita muller amosaba signos evidentes de estar atemorizada, resistíndose a manifestar claramente o que tiña acontecido con evasivas e certas incoherencias. No entanto, outro axente trasladábase ata o domicilio da requirinte co fin de acadar o audio que dera orixe á intervención, comprobando como, efectivamente, a muller, probablemente estaba sendo agredida pola súa parella.

Por este motivo, procedeuse á inmediata detención do presunto agresor, o cal foi trasladado ata un centro médico, de acordo ao protocolo establecido para estes casos, quedando, e, posteriormente, nos calabozos do CNP ata a súa posta a disposición xudicial.

Asemade, a vítima foi recoñecida por un facultativo, non desexando, sen embargo, presentar denuncia nese momento, sendo informada de que debería facelo canto antes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo