Detido un home por agredir e intentar reter na casa á súa parella

Efectivos da Policía Local detiveron o pasado sábado 4 de xaneiro en torno ás 23.50 horas, a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

O Grupo Operativo Nocturno da Policía de Barrio detivo ao presunto agresor tras a denuncia da súa parella que declaraba que, tras unha discusión, o detido agredíraa e mesmo lle impedira saír do domicilio.

Os feitos tiveron lugar na rúa Illas Canarias. O home agarrou á súa parella contra a parede e presionouna contra a mesma coa intención de impedirlle saír da vivenda mantendo esta actitude tanto no interior do domicilio coma no andar do edificio onde, ao parecer, o home propinoulle fortes empuxóns para introducir novamente á muller na casa.

A agresividade do home, segundo a información facilitada pola presunta vítima aos axentes, levoulle a dar varias puñadas na parede e na cara da muller sen chegar a impactarlle no corpo.

Os axentes localizaron ao presunto agresor e procederon á súa detención e posterior condución a dependencias policiais onde se lle instruíron dilixencias para o Xulgado competente.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 07, 2020 - 02:57 PM

    Para eso están…. Non?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com