Detido un home por presunto delito de violencia de xénero

Os feitos ocorreron a pasada madrugada, ao redor das 1’00 horas do luns, cando a Sala do 092 recibiu información sobre unha parella agredíndose nas inmediacións dun establecemento de hostalería da rúa Rof Carballo. Inmediatamente comparecen no lugar dous indicativos do Grupo Operativo Nocturno que, tras comprobar que a parella xa non se atopa no lugar, localizan a algunha testemuña dos feitos, que informa de que unha muller pedira que chamasen á Policía, que a ían a agredir, observando tamén como o home, que presentaba un corte na fronte, levaba á muller arrastrándoa.

 Os axentes puideron pescudar onde residía a presunta vítima e dirixíronse ao lugar, onde foron recibidos por unha muller en evidente estado de nerviosismo, manifestando ser vítima de malos tratos desde hai tempo e que, esta noite, cando chegaban a casa e estaban a estacionar o vehículo, o home suxeitouna polo pelo e comezou a darlle golpes coa cabeza contra o volante, polo que ela defendeuse e causoulle o corte na fronte.

Os policías tamén realizan unha inspección ocular do vehículo, observando que presenta un guecho de pelo sobre o freo de estacionamento. Os axentes localizaron ao home nunha das habitacións, procedendo á súa detención e traslado a un centro sanitario, onde se negou a ser atendido, tras o cal foi conducido a dependencias policiais, para a instrución das correspondentes dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero.

Imaxe facilitada pola Policía Local de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com