Dez detidos por estafar na venda de autocaravanas

A Garda Civil, no marco da operación BENIMARY, detivo a 10 persoas pertencentes a unha organización delictiva asentada en Galicia e Castela a Mancha, dedicada á comisión de estafas mediante a venda de autocaravanas recuperando 5 destes vehículos, valorados en 160.000 euros que eran utilizados como gancho para o engano e venda que previamente foran apropiadas indebidamente.

Os axentes bloquearon un total de 22 contas bancarias, das que 7 estaban a nome de persoas axenas ao grupo investigado para recibir os ingresos procedentes das estafas. Segundo aseguran dende a Garda Civil, estímase que o beneficio obtido destes delitos podería ascender a un total de 171.547 euros.

As investigacións iniciáronse tras detectar os axentes varias estafas na venda de autocaravanas na provincia de Lugo. Os axentes descubriron que a organización publicitaba en internet anuncios de venda de autocaravanas que, nese momento, non posuían.

Posteriormente, as vítimas establecían contacto cos presuntos vendedores, mediante os números telefónicos insertados nos anuncios para iniciar o trámite comercial de compra venda. Unha vez chegado ao acordo de compra, os vendedores solicitaban un adianto económico en forma de sinal para a súa reserva. Ao ingresar os cartos, as vítimas non volvían ter noticias dos presuntos comerciais.

Co paso do tempo, segundo averiguou a Benemérita os autores do delito foron cambiando a modalidade de engano co obxectivo de incrementar beneficios económicos. Así, a organización alugaba as autocaravanas a persoas físicas dedicadas a este negocio e poñíanas á venda sen que o arrendador e o destinatario final tiveran coñecemento desta estafa. Nestas vendas conseguían cantidades que oscilaban entre 30.000 e 40.000 euros por cada vehículo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo