Dez novos concellos usarán a Historia Única Electrónica

Dez novos concellos da provincia de Lugo implantarán a Historia Social Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Política Social colaboran para facilitar a difusión desta plataforma entre as entidades locais, así como a planificación conxunta e a coordinación das actuacións para axilizar a súa implantación.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe unha nova xornada de formación na que participaron o persoal dos servizos sociais de dez concellos adheridos á iniciativa, en concreto, os de Abadín, Bóveda, A Fonsagrada, MondoñedoMonforte de Lemos, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Xermade e Xove.

Na provincia de Lugo a HSUE, que permite aos traballadores sociais acceder ao expediente social dos usuarios en formato electrónico, xa se implantou como experiencia piloto nos concellos de Sober e Viveiro, aos que agora se suman estes dez novos municipios.

Balseiro explicou que os cidadáns percibirán as vantaxes do novo sistema na simplificación das tramitacións, e nunha atención máis personalizada, xa que o profesional terá acceso de xeito inmediato a información máis relevante do seu historial, tanto de servizos como de prestacións ou recursos asignados. Ademais, facilitará unha atención máis proactiva, grazas a un sistema de alertas e subscricións que avisa ao profesional de calquera cambio no historial da persoa para que poida actuar de maneira inmediata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com