" />

Dimite en bloque o consello de administración do Club Deportivo Lugo

Esta tarde tivo lugar a rolda de prensa na que os integrantes do consello de administración do Club Deportivo Lugo, anunciaron a súa dimisión en bloque  que será oficial o vindeiro 11 de maio.

O descontento xerado nos últimos tempos pola adquisición das 600.000 accións do Concello e Deputación por parte do empresario lucense Tino Saqués, entre a directiva do clube e un gran número de socios e seguidores do equipo de Setién, parece ser a razón última que leva ao consello a tomar esta decisión.

A directiva manifestou dende o comezo do proceso de enaxenación das accións, que as súas prreferencias inclinábanse claramente cara a Gerad López, presidente da escuderia Lotus de F1.

Finalmente foi Saqués o gañador do concurso (presenta paga único fronte a petición de López de pagar a prazos), e dende entón a polémica sobre o futuro do clube lucense é un constante debate que lonxe de resolverse, semella cada vez máis enredado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo