" />

Discrepancias entre PP e PSOE na análise dos datos vertidos pola Comisión de Contas

A Concelleira de Economía, Rosana Rielo, deu conta dos datos recollidos na Comisión de Contas que tivo lugar esta mañá.
Dunha banda, Rielo falou da morosidade do Concello de Lugo, e explicou que no terceiro trimestre de 2014 foron pagadas dentro de prazo o 86% das facturas a proveedores.
Escoitámola:


A Concelleira de Economía tamén explicou que a entrada en vigor da factura electrónica non perxudicará ós proveedores do Concello de Lugo dado que só é obrigatoria para as facturas superiores a 5.000 euros.
O resto poderán seguir presentándose en papel no Rexistro municipal, tal como recolle a modificación da Ordenanza de administración electrónica, que está a tramitar o Concello con data de aplicación a partir do 15 de xaneiro.
Escoitámola:


Asemade, Rosana Rielo fixo referencia á débeda financieira do Concello de Lugo.
Escoitámola:

Por último, Rielo explicou que nestes días o Concello mantén reunións con diversas asociacións e colectivos, para informarlles dos Orzamentos Participativos que pon en marcha o excutivo local.

Pola súa banda, o concelleiro popular Juan Carlos Plaza, fixo unha análise diferente dos datos recollidos na Comisión de Contas, afirmando que o Concello de Lugo pagou fóra de prazo tres millóns de euros nun só trimestre.
Escoitámolo:


Tamén falou do proxecto de Orzamentos Participativos do goberno local, aos que cualificou de electoralistas.
Plaza de novo:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo