DJ Frisco e Marcos Peón, entre os lanzamentos mundiais máis importantes do momento

En tan só 3 días de poñerse á venda o último single dos galegos Frisco Taibo e Marcos Peón xunto á alemá Martina Budde, posicionouse no TOP Mundial de Beatport na categoría de Jackin House, concretamente acadaron o Nº12 dos lanzamentos máis importantes e o posto Nº 91 das cancións máis destacados do momento.

O pasado venres púxose á venda Like That, o novo single dos deejays e produtores galegos Dj Frisco e Marcos Peón. Nesta ocasión colaboraron coa alemá Martina Budde, considerada nestes momentos TOP 5 a nivel mundial da música Jackin House e que é habitual vela en colaboracións cos mellores produtores de música house actual. Frisco e Peón, consideran que este lanzamento fainos un subir un banzo máis na súa carreira como produtores e que lles “abrirá moitas portas” no mercado internacional.

Ademais o seu último single I got to shake segue soando nas emisoras de radio de varios países como Reino Unido, Canadá, Israel, España, Estados Unidos, Francia ou Holanda; e xa conseguiu entrar no TOP 10 Comercial do Reino Unido e TOP 50 en Estados Unidos.

Doutra banda, Dj Frisco & Marcos Peón, seguen traballando duro nos proxectos que teñen para 2021, con novos singles e remezclas, e a súa festa Star People xunto ao radio deejay máis coñecido do noso país, Fernandisco.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com