Dous feridos nunha colisión entre un turismo e un camión en Antas de Ulla

Un accidente entre un coche e un camión saldouse con dúas persoas feridas en Antas de Ulla. O sinistro rexistrouse ás 17:00 horas de hoxe na N-640, ao paso pola localidade.

Como consecuencia do impacto, un dos feridos quedou atrapado no interior do turismo e necesitou a axuda dos Bombeiros de Chantada para saír do vehículo. Unha vez liberado, foi evacuado polo helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Ademais, a causa do accidente resultou ferido outro dos ocupantes do turismo, mentres que o condutor do camión apenas sufriu danos.

Foi,  o camioneiro quen se puxo en contacto co persoal do 112 Galicia para informar do suceso. A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Chantada, aos membros do GES de Monterroso, aos servizos sanitarios de urxencia e aos axentes de seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com