" />

Down Lugo será protagonista do vindeiro encontro do Breogán no Pazo

Down Lugo será a protagonista do vindeiro
encontro do CB  Breogán no Pazo Provincial dos Deportes.  A asociación terá no encontro unha plataforma para proxectar un labor orientado
fundamentalmente a promover a autonomía das persoas con síndrome de Down.

Creada en 1996 por iniciativa dun grupo de nais e pais,  a entidade, que conta con 14 profesionais e persoal voluntario, atende 76 familias de
toda a provincia, na súa sede en Lugo e nas visitas que realiza semanalmente a Monforte, Guntín, Viveiro, Foz e San Cibrao.

A xerente de Down Lugo, Delfina Pérez, subliñou que “unha das prioridades da asociación é lograr que as persoas con síndrome de Down participen plenamente e en todas as etapas da súa vida nas actividades do seu entorno social”.

A atención temperá, a inclusión educativa, a formación e o emprego ou o ocio son algúns dos ámbitos nos que desenvolven a súa actividade que, nos últimos anos,se ampliou cun programa de envellecemento activo.

“A poboación con síndrome de Down envelleceu moito. A esperanza de vida situase entre 60 e 65 anos. Isto levounos a desenvolver este programa co que contribuimos a que as persoas se fagan maiores mantendo as capacidades que foron adquirindo nas outras etapas evolutivas”, explicou Delfina Pérez.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, lembrou que “a Deputación Provincial é unha entidade moi sensiblizada coa inclusión social, con diferentes liñas de colaboración coas asociacións que traballan neste ámbito” e fixo fincapé na necesidade de seguir “contribuíndo a crear as
condicións para que todas as persoas desfruten dos recursos da comunidade na que viven con igualdade de oportunidades”.

O director deportivo do CB Breogán, Tito Díaz, fixo un chamamento para que “os seareiros e os aboados ao club se animen a colaborar coa asociación”.

O encontro disputarase o sábado ás 19:15 horas no Pazo Provincial dos Deportes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo