" />
IMAXE LIBRE!!

A DXT comeza a vindeira semana unha campaña de control das condicións dos vehículos

A Dirección Xeral de Tráfico porá en marcha dende o vindeiro luns día 17 unha campaña especial de vixilancia das condicións nas que circulan os vehículos. O obxectivo é garantir que o estado dos mesmos cumpre cos requisitos establecidos pola lexislación vixente.

Durante unha semana, ata o domingo 23, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán estes controis nas estradas galegas e, ao igual que noutras campañas, a DXT, invitou aos Concellos a sumarse a este dispositivo no que se porá especial énfase en comprobar as condicións técnicas dos vehículos.

A campaña contará co máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles e se advertirá aos condutores da existencia próxima de controis.

A DXT advirte, ao tempo, sobre a tendencia que se mantén nos últimos anos de progresivo envellecemento do parque de vehículos, dos que, en Galicia, a idade media ronda os 15 anos. Tráfico asegura que hai evidencias de que a idade do vehículo tamén supón un factor de risco ao carecer de sistemas e equipamentos de seguridade máis recentes.

Elementos a revisar

Un adecuado mantemento e posta a punto dos principais elementos de seguridade do vehículo (pneumáticos, freos, alumeado e sinalización) resulta por tanto imprescindible para combater a sinistralidade. A DXT lembra unha serie de pautas para manter o bo estado dos vehículos.

A primeira das recomendacións que fai a Dirección Xeral de Tráfico, é a comprobación regular do debuxo dos pneumáticos; tamén cambiar as lámpadas cada 2 anos ou cada 40.000 quilómetros e manter limpas as ópticas.

Ademais do permiso de conducir e as placas de matrícula visibles, a DXT lembra que se debe levar obrigatoriamente o permiso de circulación do vehículo e a tarxeta da ITV coa pegadiña visible no parabrisas.

Na mesma campaña, fai un ano en Galicia, a DXT controlou un total de  18.642 vehículos, resultando denunciados 516. A infracción que máis denuncias motivou, constituíndo case o 34% do total estivo relacionada coa ITV.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo