" />

Educación garántelle á Anpa do Sagrado Corazón que a Xunta construirá o novo centro

A Delegada Territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do Ceip Sagrado Corazón para “garantirlles o firme compromiso da Administración Autonómica na construción do novo centro, a pesar dos continuos bloqueos do Concello”.

Na xuntanza, na que tamén estiveron presentes altos cargos da consellería comunicóuselles que a Xunta está a traballar para que o novo Sagrado Corazón sexa “unha realidade canto antes, moi a pesar do que parece que busca a propia administración local, que xoga a poñer trabas constantes torpedeando así o avance do proxecto, ao ceder 9 fincas orixinais, distintas, sen unificar e sen garantías urbanísticas, cando xa estaba advertida de que non era viable”.

Neste senso, a delegada recordou que no ano 2012 a Xunta “solicitoulle ao Concello a cesión dunha parcela única de 10.000 metros para a construción do centro, algo que “parece que o goberno local pasou por alto”.

Arias sinalou que “a pesar dos repetidos obstáculos, os técnicos están a traballar na busca de  solucións que permitan iniciar a construción do novo CEIP Sagrado Corazón. Sinalou que esa é a vontade da Xunta nese e noutros proxectos pendentes de executar en centros do municipio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo