Elena Candia asegura que o PP “fai historia” en Lugo cas melloras do Xeral

Elena Candia, presidenta do PP provincial, expresou esta mañá a súa alegría polas promesas que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fixo onte en Lugo en relación cos novos usos dos inmobles do Xeral.

Elena Candia manifestou, “máis como veciña que como membro dun partido político”, a súa satisfacción ante o proxecto presentado conxuntamente no día de onte polo presidente da Xunta de Galicia, a ministra de Traballo, o conselleiro de Facenda e o delegado territorial, e que permitirá “dinamizar e reactivar socioeconomicamente” o barrio da Residencia. E é que para a dirixente provincial, coa iniciativa dada a coñecer perante a cidadanía lucense, “os Gobernos do PP fan historia en Lugo”. “Temos que pensar que esta era unha iniciativa moi demandada e necesaria. Como dixo o presidente, existe o crédito para facela e existe vontade política e compromiso tamén para facela”, destacou.

“Onte, sen lugar a dúbidas, foi un día grande para a cidade de Lugo e, por extensión, para a provincia. Demostrouse publicamente que a Xunta de Galicia e o Goberno Central teñen un compromiso inversor claro cos lucenses, e que a palabra dada hai algunhas semanas se convertirá proximamente en feitos e que as reunións que mantivemos hai tempo dan os seus froitos”, declarou Candia, quen se encargou nos últimos anos de trasladar aos distintos gobernos e en diversas ocasións a necesidade de dar unha resposta ás demandas dos veciños deste barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com