Elena Candia asegura que o investimento de 13 millóns foi posible grazas ao traballo e á capacidade de diálogo

Elena Candia presidenta do PP declarou que “o Grupo Provincial do PP conseguiu mobilizar un investimento superior aos trece millóns de euros en materia social e de axuda ao emprego, o que permitirá que os concellos da provincia conten con máis recursos para as persoas. En concreto, os avances teñen que ver coa axuda no fogar, o servizo de teleasistencia, o remate das residencias de maiores e a reactivación do emprego”.

A voceira do Grupo Provincial do PP, destacou que estas melloras foron posibles grazas ao traballo e á capacidade de diálogo e negociadora dos populares e tendo sempre presente a existencia dun goberno provincial en minoría “con pouca capacidade para resolver en solitario os problemas que ten esta provincia”. A voceira ofreceu hoxe unha rolda de prensa acompañada dos deputados Carlos Armesto, José Antonio García e Mari Teijeiro.

825.000 de euros máis para Axuda no Fogar, 8 millóns para residencias e 3 para emprego

Grazas ás xestións feitas polo Grupo Provincial do PP, duplicouse a contía para Axuda no Fogar, de xeito que agora se destinan 825.000 euros máis a este concepto, ata chegar aos 1,5 millóns de euros”. Tamén se asumiu o pagamento do 100% do custo do servizo evitando que concellos e usuarios teñan que pagar a metade do custo como viñan facendo ata o de agora. Isto supuxo un incremento na partida destinada a teleasistencia de 335.880 euros, incidiu Candia.

Os populares destacaron que, o seu grupo provincial conseguiu unha nova ordenanza para regular o servizo de teleasistencia social no fogar adecuada aos tempos e consensuada cos técnicos. Asemade no pleno do mes de decembro presentaron unha iniciativa grazas á cal se duplicou a contía que se destina a axudas e subvencións para entidades sociais. En concreto, a Deputación de Lugo destinará 500.000 euros; así como 8 millóns para a apertura de novas residencias e 3 millóns de euros para emprego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com