" />

Elena Candia renuncia e toma o relevo Javier Castiñeira como voceiro do PP na Deputación

O Grupo Provincial do Partido Popular nomeou por unanimidade voceiro na Deputación a Javier Castiñeira. Así o acordaron todos os deputados, logo de que Elena Candia efectuase a súa renuncia no Pleno Extraordinario celebrado a última hora da mañá.

Deste xeito, o deputado asume as funcións que ata o de agora desempeñaba a mindoniense e ás que vén de renunciar para encabezar a lista dos populares da provincia ás autonómicas do vindeiro 5 de abril.

Javier Castiñeira, natural de Foz, é arquitecto técnico de profesión. Dende o ano 11 ata o 19 foi alcalde da súa localidade natal. Na actualidade, é voceiro deste grupo no municipio mariñao e, ata o de agora, vicevoceiro na Deputación.

O novo voceiro agradece a confianza de todos os compañeiros de Grupo, e moi especialmente o de Elena Candia, a quen lle desexa os maiores dos éxitos posibles, confiando en seguir, di, “o camiño trazado” pola mindoniense porque “era a deputada que, sen lugar a dúbidas, mellor coñecía a provincia e a propia institución”.

Javier Castiñeira pon así en valor o traballo desenvolvido ao longo destes anos pola mariñá, destacando que repercutiu na mellora de máis e mellores servizos para os veciños e veciñas da provincia, sendo, incluso, “panca de forza para que a Deputación puxese en marcha proxectos tan destacados como o Plan Único que tivo unha aportación económica directa para todos os Concellos lucenses”.

Coa renuncia de Elena Candia, entra como deputado o concelleiro de Barreiros, José Manuel Gómez Puente.

Candia manifestou na súa despedida “non esquezo de donde veño e a quen me debo” e, polo tanto, “asumo este novo reto porque creo nun proxecto e confío nun gran líder”. Esta nova posición “permitirame, ademáis, cumprir da mellor maneira os meus compromisos coa miña cidade e coa miña provincia”. A popular puxo en valor “os acordos alcanzados no pasado mandato entre os dous principais partidos para desbloquear situacións difíciles e complexas”

Tamén o Presidente da Deputación José Tomé, no Pleno celebrado hoxe, tivo unhas palabras na despedida da Alcaldesa de Mondoñedo. O presidente manifestou: foi unha honra poder compartir esta corporación estes oito meses”, agradeceulle a súa colaboración e desexoulle o mellor a nivel persoal, porque no plano político defenden proxectos distintos, e “ competimos por poder levar a cabo o proxecto político dos nosos partidos… e neste terreo imos confrontar”

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo