" />

Empate do CD Lugo ante o CD Mirandés

O CD Lugo viaxaba ata o Municipal de Anduva, para enfrontarse ao CD Mirandés. Os primeiros minutos transcurrían con opcións repartidas e cun evidente choque de plans entre ambos os conxuntos;  O primeiro da tarde chegaba cun gran servizo de Pedraza que remataba Joselu e poñía aos de Luís César por diante no marcador. A partir de aquí o Lugo facíase co control ante un rival traballador, pero sen acerto nas transicións. Non pasaría moito tempo ata que, de novo, o CD Lugo golpease ao seu adversario, noutra chegada, tan certeira como efectiva. Esta vez, era Pedraza, quen tiraba un duro disparo que se coaba na meta de Sergio tras tocar no pau.

Con varias oportunidades claras de gol, que o Lugo non soubo concretar no momento da execución, terminaba unha primeira parte, que pertenceu de maneira total aos de Luís César, que se ían ao descanso cunha vantaxe de dous goles.

Xa na segunda metade, o dominio seguía pertencendo ao cadro galego, e tras unha clarísima ocasión do CD Lugo en botas de Joselu, que non puido concretar, sería o CD Mirandés quen reduciría distancias no marcador. Balón longo sobre a área, sucesión de remates errados, e unha man, a xuízo do colexiado, de Carlos Pita no corazón da área, que derivou en obrigado penalti a favor dos locais. Mesa transformaba a pena máxima e conseguía un tanto de vital importancia para os intereses locais.

Dun posible terceiro gol para o CD Lugo, logo dunha gran parada de Sergio a un duro disparo de Pedraza, pasábase a unha igualada producida por un novo envío longo, que Guarrotxena empalaba tras oportuna deixada de Provencio, conseguindo o gol do empate e poñendo o marcador 2-2

Os últimos minutos mostraban aos dous equipos buscando sen pausa o gol da vitoria, en pleno intercambio de ocasións e chegadas nun final de infarto. A pesar dos esforzos por parte de ambos equipos, o encontro ía rematar cun punto para cada un, nunha repartición que deixaba sabor agridoce para o CD Lugo, merecedores sen dúbida, dun premio maior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo