En Lugo baixa o total de contaxiados pero aumentan os novos contaxios

Nas últimas 24 horas na Área Sanitaria de Lugo, a cifra de casos activos por Coronavirus baixou ata os 167, dez menos ca onte. Poren, suben os novos contaxios, 15, once máis; onte só se produciran catro.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.357, deles 891 son da área da Coruña, 145 da de Ourense, 206 da de Pontevedra, 537 da área de Vigo, 254 da de Santiago e 157 da de Ferrol, aos que hai que sumar os 167 de Lugo.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 172 en unidades de hospitalización e 2.153 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.825 persoas curadas, rexistrándose 2.332 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.828.763.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com