En marcha a moción de censura na Deputación contra Elena Candia

Esta mañá tivo lugar unha rolda de prensa conxunta entre Psoe e Bng,  na que anunciaron o rexistro oficial dunha moción de censura para desaloxar ao Partido Popular da Deputación de Lugo, e que levarase a cabo o vindeiro 8 de outubro nun pleno extraordinario que terá lugar ás doce da mañá.

Á rolda asistiron Darío Campos, alcalde de A Pontenova, voceiro dos socialistas no ente provincial, e futuro presidente da Deputación segundo afirmou, e Álvaro Santos, en representación dos socialistas. Pola súa banda e dende o BNG, acudiron Antonio Veiga e Xosé Ferreiro.

Este “culebron” comezou cando Manuel Martínez era o candidato oficial do Psoe provincial á presidencia da Deputación de Lugo, e despois de vencer ao seu compañeiro de partido e Secretario Provincial Socialista, Juan Carlos González Santín, foi vetado polos nacionalistas ao estar imputado por un delito administrativo.

Así as cousas, o alcalde de Becerreá o día do pleno para elixir presidente/a, tomou a decisión unilateral de votarse a si mesmo e na segunda votación abstívose, o que permitiu que a popular Elena Candia, Alcaldesa de Mondoñedo, fora elixida Presidenta da Deputación de Lugo.

Despois de tres meses de comunicados e desmentidos, hoxe anunciouse esta medida para constituír un novo goberno “de progreso, que foi o que demandaron os electores da provincia”, afirmaron.

Tal e como se prevée, Antonio Veiga ao igual que nas dúas lexislaturas anteriores ocuparía o cargo de Vicepresidente primeiro, e previsiblemente Manuel Martínez volvería a levar a área de Vías e Obras, e formaría asemade parte da comisión de goberno, aínda que estes datos están por confirmar.

Elena Candia cualificou este proceso de “esperpéntico”, e fixo un balance “moi positivo” do tempo de goberno ao fronte da Deputación. Sinalou asemade que “a lástima é que quedan agora moitos marróns herdados do anterior goberno que xa non poderemos solucionar”, aínda que non quixo afondar nesta cuestión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com