En Marea organiza un debate para reclamar a despenalización da eutanasia

En Marea organiza en Lugo unha mesa redonda aberta ao público para defender a despenalización da eutanasia e do suicidio asistido, unha despenalización que esta mesma semana entrantante defenderá no Parlamento de Galicia. Esta mesa redonda, terá lugar maña, 27 de xaneiro no Centro Social Uxío Novoneyra ás 19:30 horas e forma parte das actividades realizadas por En Marea en toda Galicia e que se iniciou meses atrás coa celebración dunhas xornadas parlamentarias sobre a necesidade de despenalizar en España a eutanasia.

No acto participarán, ademais do voceiro de En Marea, Ascensión Cambrón, da asociación Dereito a Morrer Dignamente, Delia Guitián, psicóloga clínica e coordinadora da Unidade de saúde mental de Lugo. Esta mesa redonda ten como obxectivo debatir a necesidade desta despenalización e explicar a posición e as inciativas realizadas por En Marea durante estes últimos tempos para conseguir o que Luís Villares considera que é “un dereito fundamental das persoas, ter un final de vida digno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com