En Marea presenta a súa candidatura “para que Lugo non perda o tren”

En Marea presentou este venres en Lugo a súa candidatura para as eleccións xerais do 28 de abril. Unha candidatura integrada por “persoas comprometidas cos problemas da cidadanía”, que se pon como meta traballar para conseguir impulsar unha provincia máis cohesionada e defender os postos de traballo. “Queremos un país con dereitos sociais e máis democracia, e para iso é preciso derrogar as reformas laborais que limitaron os dereitos da clase traballadora e que empeoraron as súas condicións de traballo”, destacou o voceiro da formación, Luis Villares. Que pon o foco na necesidade de impulsar as conexións ferroviarias, desatascar a xustiza coa habilitación cun cuarto colgado do social e dunha sala específica para violencia machista e defender a viabilidade de Alcoa.

“Non queremos que Lugo perda o tren, que unha vez máis perda a oportunidade de ter unha representación digna no Congreso e no Senado. Por iso presentamos unhas candidaturas que van defender a provincia e o conxunto do país”. O voceiro de En Marea destacou en Lugo a vontade desta formación de traballar para favorecer a cohesión territorial de Galicia. “O FEVE, que podería estar vertebrando a provincia de Ribadeo ata Ferrol, está esmorecendo, e a xente xa non se pode mover coma antes”, denunciou Luís Villares, que apostou por impulsar frecuencias e conexións ferroviarias de cercanías para vertebrar a fachada marítima dende A Mariña ata Ferrolterra. “A vía está feita, polo que un pequeno investimento sería suficiente para dinamizar toda unha comarca xa de por si puxante”.

En materia de cohesión territorial, En Marea aposta tamén por electrificar e poñer ao día a liña A Coruña-Lugo-Monforte-Ourense para que persoas e mercadorías poidan moverse con axilidade. “Queremos cohesionar a provincia cun tren que nos poña en 30 minutos na Coruña”, indica Villares.

Luís Villares denunciou os ires e vires de PP e PSOE a este respecto. Pero tamén a oposición desas dúas forzas á creación do cuarto Xulgado do Social en Lugo. Unha carencia que ten provocado “un atasco xudicial que está a provocar retrasos inaceptables. Unha xustiza lenta non é xustiza, e o PP primero e o PSOE despois negaron ese cuarto xulgado para Lugo”.

O voceiro de En Marea tamén destacou a necesidade de impulsar un xulgado de violencia de xénero en Lugo. Unha medida á que o PP se ven opoñendo “porque mantén un pacto con Vox en Andalucía que lles obriga a desfacer toda a política en materia de igualdade dos últimos anos, e iso non o podemos permitir. Pensar que o machismo é cunha forma válida de estar no mundo, e nos cremos que non é así”.

Pola súa banda, a candidata ao Congreso, Cristina Pérez Herraiz, presentouse ilusionada por representar á provincia de Lugo no Congreso e marcouse como obxectivo recuperar a comunicación co resto do país. “Temos que conseguir ter boas comunicacións. Precisamos un tren para as persoas. Temos que conseguir que a veciñanza que vive en Sarria poida vir en tren a Lugo, que os estudantes poidan chegar facilmente a un campus universitario que está quedando baleiro”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com