En Marea solicita a comparecencia da ministra Tejerina para que informe sobre a plaga da pataca

En Marea ven de solicitar a comparecencia da Ministra de Agricultura no Congreso para que informe canto antes das medidas de carácter urxente a aplicar para frear a extensión da praga de pataca ou “polilla guatemalteca” que xa afectou a 31 concellos galegos de Ferrolterra e de A Mariña, así como algún de Asturias.

Houbo fallos no mecanismo de control e inspección da semente?”

Ademais, quere que a Ministra explique cal foi a orixe da introdución da semente infectada. “É preciso preguntarse se fallaron os mecanismos de control, inspección e vixilancia, nos que a Administración central posúe competencias. Temos que saber como foi posíbel que este tipo de semente infectada chegase a Galiza. É evidente que houbo fallos na cadea de control e inspección. Non cre o Goberno que se produciron fallos de inspección? Como se explica a súa introdución?”.

Neste sentido, a deputada de En Marea, Alexandra Fernández, considera que se esta a reaccionar tarde a este grave problema que afecta a un cultivo importante en Galiza, onde contamos con Indicación Xeográfica Protexida. Lembra que foi en novembro de 2015 cando o Diario Oficial de Galiza publicaba unha resolución da Consellaría de Medio Rural pola que declaraba a presenza da praga en Ferrol, Neda e Narón.

Medidas urxentes

Desde o 2015 “en lugar de parar a praga, estendeuse e agora nos atopamos con 31 concellos e Ferrolterra e de A Mariña afectados”. Alexandra Fernández advirte ao Ministerio da necesidade de axilizar o real decreto que está a elaborar, que “debe partir do diálogo coa Xunta e co Principado, cos afectados, expertos e sindicatos agrarios”.

A deputada de En Marea dirixe ao mesmo tempo unha batería de preguntas ao Goberno sobre este tema, e tamén quer saber se se van aprobar axudas e indemnizacións para os labregos afectados. “Que disposición ten o Goberno a actuar coa maior celeridade para paralizar, en coordinación coa Xunta e os concellos afectados, a extensión desta praga?”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo