En Marea trata con personal e sindicatos do Hula a situación da sanidade na provincia

Os números tres, catro, cinco e once de En Marea por Lugo (Víctor Álvarez, Maribel García, “Josito” Pérez e Luís Daporta) mantiveron unha xuntanza este mércores no Hospital Lucus Augusti con persoal sanitario e representantes sindicais. No encontro falouse da situación actual da Sanidade pública e os retos a enfrontar dende o Goberno da Xunta.

Luís Daporta, médico de familia no propio HULA, deu comezo á reunión explicando que En Marea aposta pola recuperación de servizos externalizados e a volta a unha Saúde pública de calidade. Daporta explicou, ademáis, que a mellora da Sanidade pasa por potenciar a atención primaria, desafogando deste xeito as consultas de especialistas.

A candidata Maribel García, pola súa banda, explicou dende a súa experiencia o proceso de precarización do servizo de Saúde por medio das privatizacións. García, que exerce como enfermeira en Monforte, indicou que nos propios hospitais se están a observar claramente as consecuencias deste tipo de externalizacións; tanto na calidade dos servizos, coma nas condicións de traballo o una cubrición de vacantes.

Na xuntanza, os candidatos de En Marea indicaron a importancia de instaurar este tipo de reunións entre representantes públicos e profesionais do sector. Ademáis, sinalaron que non se pode pretender que os cambios que se plantexan no programa da formación se leven a cabo da noite para a mañá. Porén, a vontade de En Marea para recuperar unha Saúde pública de calidade é firme, e os pasos para a súa consecución se porán en marcha dende o minuto cero de Goberno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com