Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

Encontro co deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello

O recentemente elixido  deputado pola plataforma política En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello,  participará mañá sábado nun encontro aberto coa cidadanía. Na  xuntanza os participantes escoitarán as últimas novas do que está a acontecer no Congreso, sobre as negociacións que se están a levar a cabo para acadar un consenso e nomear un novo candidato á presidencia do goberno. Asemade o deputado escoitará as opinións que lle trasladarán as persoas que acudan ao encontro.

O acto terá lugar Centro Social e Cultural Carneiro Alado. Rúa Salvador Madariaga, 8, ás 12 do mediodía.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com